As caídas de altura supoñen un importante número de accidentes laborais; un dos elementos que está presente nalgúns destes sinistros é a escada.
Esta campaña, elaborada no seo do grupo de traballo de sinistralidade do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, ten como finalidade achegar información sobre os criterios de selección de escadas, as medidas preventivas antes do seu uso, como deben colocarse e usarse de xeito correctos, as indicacións para o seu traslado e almacenamento e os EPI que se van utilizar. Deste xeito, trátase de reducir a accidentabilidade laboral derivada das caídas de altura cando se realizan traballos nos que se utilicen as escadas.
Só debes utilizar unha escada de man para ascenso e descenso a un determinado lugar cando, debido a que non se debe acceder periodicamente, non conta con medios de acceso permanentes para facelo: escadas fixas, escadas de servizo, escalas...
A utilización das escadas de man como postos de traballo deberá limitarse ás circunstancias nas que a utilización de outro equipo de traballo máis seguro non estea xustificado, polo baixo nivel de risco e/ou polas características da localización. Esta xustificación deberá vir recollida na avaliación de riscos da túa empresa.