ISSGA_Órgano técnico especializado en PRL e promoción da saúde no traballo

O obxectivo desta campaña é dar a coñecer as nosas principais funcións e actuacións e a nosa posta a disposición do tecido empresarial galego.

Ten unha visión de cor que quere enmarcar o positivo que se fai neste instituto e que, sen dúbida, busca a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo e, polo tanto, a redución da sinistralidade laboral de xeito conxunto con outras unidades directivas da Xunta de Galicia e coa participación e o consenso dos axentes sociais.

Dáse visibilidade, a través de dous formatos, calendario de sobremesa e cartel, a doce dos principais ámbitos de actuación do instituto como órgano técnico da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais.

Foron repartidos a diferentes unidades administrativas da Xunta de Galicia, interlocutores sociais, empresas e persoas colaboradoras.

Documentos