Campañas

EPI no posto de traballo_Sector forestal

Imaxe campaña

Motivación

O ISSGA vén marcando o sector primario, en particular a actividade forestal, como un sector de actuación prioritaria e preferente pola súa importancia económica e no tecido empresarial galego, tanto no eido do estudo e investigación de accidentes, no asesoramento técnico a empresas, na promoción da prevención de riscos laborais, na elaboración de documentación técnica así como da realización de diversas actividades formativas e informativas no sector.

Unha peza clave nesta actividade é a realización dos traballos de aproveitamento forestal, o que fai necesario fomentar a concienciación no sector sobre a perigosidade das tarefas asociadas a estes postos de traballo facendo un esforzo por chegar a todo o persoal traballador.

Obxectivo

O eixo principal desta iniciativa ponse na importancia da utilización correcta dos equipos de protección individual (EPI) nos traballos forestais.

En concreto facilítase información respecto dos EPI de 6 dos principais postos de traballo asociados a estes tarefas.

É fundamental a formación e información do persoal traballador sobre os riscos máis habituais asociados a estas actividades e establecendo as medidas de protección e prevención asociadas á súa execución.

Destinatarios

Este campaña vai dirixida tanto ás empresas como ao persoal traballador do sector forestal contando coa participación activa dos servizos de prevención propios, mancomunados e alleos nesta loita contra a sinistralidade laboral.

Para a súa difusión contactarase cos servizos de prevención así como coas organizacións que forman parte do grupo de traballo técnico do sector forestal do Issga e coas entidades representativas do sector para que llos fagan chegar ao empresariado e persoas traballadoras.

Documentos técnicos

Os equipos de protección individual (EPI) son fundamentais para garantir a seguridade e saúde dos traballadores no sector forestal, xa que os protexen dunha variedade de riscos inherentes a este tipo de traballo. Estes equipos reducen significativamente a probabilidade de accidentes e lesións, promovendo unha contorna laboral máis segura e produtiva.

Non obstante, é importante destacar que, por unha banda, os EPI non eliminan os riscos, minimizan as consecuencias e, pola outra, que non substitúen un procedemento de traballo seguro.

Como órgano técnico especializado en prevención de riscos, o ISSGA elaborou un documento técnico moi gráfico e nun formato visual nos que se recolle a información sobre a utilización dos EPI dos seguintes postos de traballo:

  1. Motoserrista

  2. Operario/a de poda e tala de altura

  3. Operario/a de rozadoira

  4. Peón/Peoa

  5. Maquinista

  6. Transportista

Respecto de cada un destes postos de traballo, nun formato de ficha que pode ser extraída para entregar ao persoal traballador segundo a tarefa que realice, recóllense a relación de EPI que teñen que utilizar, co seu correspondente pictograma, a súa descrición e a normativa que o regula; ademais, fanse referencia a de determinados aspectos como:

  • Consultar a avaliación de riscos laborais para coñecer os posibles riscos e as medidas preventivas que hai que adoptar para previlos

  • Aprender e aplicar os procedementos de traballo, así como as medidas operativas, organizativas e preventivas 

  • Empregar os EPI que sexan necesarios para cada traballo dos que figuran na avaliación de riscos e nos manuais de instrucións correspondentes

Ademais, hai que ter en conta a importancia de:

  • Seleccionar o EPI ten do en conta o talle e a ergonomía da persoa que o vai a utilizar

  • Realizar o mantemento conforme á instrucións do fabricante

  • Respectar a vida útil e/ou caducidade indicada polo fabricante

  • Escoller o EPI que sexa cómodo e compatible

Soportes

A campaña realízase en dous formatos, documento informativo e cartel, en soporte físico e dixital, e están dispoñibles en galego e castelán.

A difusión dos documentos farase en colaboración cos membros do grupo de traballo técnico do sector forestal.

Distribuiranse 3.500 folletos (3.000 en galego e 500 en castelán) e 1.250 carteis (1.000 en galego e 500 en castelán).


Grupo de traballo técnico

Este documento foi elaborado no seu do Grupo de traballo técnico no sector forestal do ISSGA Este grupo de traballo ten como obxectivo a elaboración de documentos técnicos formativos e informativos sobre condicións de traballo seguras que permitan sensibilizar e abordar a sinistralidade laboral nun sector estratéxico como é o forestal.

Integran este grupo de traballo, ademais do persoal técnico do ISSGA, a entidade Fearmaga (Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madera de Galicia), as empresas Ence e Finsa e a Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo. 

Documentación