Campañas

EGSST_Horizonte 2027_Principios informadores e obxectivos estratéxicos

O obxectivo desta campaña é dar a coñecer os 6 principios informadores e os 6 obxectivos estratéxicos da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027.

Dáse visibilidade, a través de dous formatos, calendario de sobremesa e cartel, a un documento que permitirá adecuar a prevención de riscos ás novas formas de traballo e que incidirá, de xeito decisivo, na redución da sinistralidade nos sectores máis afectados.

Esta estratexia foi resultado dun proceso participativo e conta co consenso do diálogo social e as achegas de diferentes departamentos da Xunta.

Foron repartidos a diferentes unidades administrativas da Xunta de Galicia, interlocutores sociais, empresas e persoas colaboradoras.