Campañas

2026_Ano da seguridade e saúde no traballo

Portada calendario Issga_2026

No Consello de Ministros do día 11 de novembro de 2025, o Goberno aprobou a declaración institucional con motivo do trixésimo aniversario da aprobación da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e polo que se declara o ano 2026 como «Ano da seguridade e saúde no traballo».

A Lei de prevención supuxo un fito histórico e serviu de referencia para sentar as bases dunha cultura da prevención. Agora, nesta efeméride trátase de efectuar un chamamento ao conxunto da sociedade.

Mediante esta declaración reafírmase que a seguridade e saúde no traballo é un dereito fundamental e unha responsabilidade compartida; que se seguirá impulsando a adaptación normativa de prevención aos riscos emerxentes; que se promoverán campañas de divulgación, sensibilización e información permanentes, que se fortalecerá a investigación, a innovación e a transferencia de coñecemento, que se promoverá unha política de cooperación nacional e internacional en materia preventiva e tamén actuacións educativas adaptadas a cada ámbito docente.

A medida chega nun momento marcado pola necesidade de reforzar o benestar físico, mental e social das persoas traballadoras e pretende visualizar a importancia da prevención como piar de cohesión social, competitividade económica e sustentabilidade do sistema produtivo.

Dende o Issga dáse visibilidade a esta declaración, a través de dous formatos, calendario de sobremesa e cartel, nos que se recollen os principios da acción preventiva la Lei 31/95, de prevención de riscos laborais.

Foron repartidos a diferentes unidades administrativas da Xunta de Galicia, interlocutores sociais, empresas e persoas colaboradoras.

Documentación