Tríptico informativo sobre amianto dirixido aos administradores de fincas

O ISSGA, dando cumprimento ao planificado no seu Plan de actividades do ano 2011, dirixe unha circular informativa a 423 administradores de fincas de Galicia, e elabora un tríptico divulgativo co fin de informar sobre a presenza de amianto nos edificios e as responsabilidades cando se executan obras que afectan aos materiais con amianto. Esta campaña pretende en definitiva achegar esta información ás comunidades de propietarios por medio dos seus administradores.

A comunidade de propietarios debe coñecer que cando executa obras que afectan ás cubertas ou canalizacións de fibrocemento con amianto (ou a calquera outro material que conteña amianto), estas deben ser levadas a cabo seguindo as medidas preventivas adecuadas de acordo coa lexislación laboral e que as empresas que realizan este tipo de traballos deben estar debidamente autorizadas, isto quere dicir que teñen que estar inscritas no RERA (Rexistro de empresas con risco por amianto) e ter un plan de traballo aprobado pola autoridade laboral.

Tríptico informativo sobre amianto dirixido aos administradores de fincas