O 18 de outubro de 2017 tivo lugar no Centro Issga da Coruña a xornada técnica “A xestión interdisciplinar da enfermidade profesional”.
A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida por:
- Concepto de enfermidade profesional e accidente de traballo. Xestión de casos pola mutua. Cadro e parte de enfermidades profesionais. Cambio de posto de traballo. Art. 156 e 157 LGSS
Enrique Martínez Llorente. Responsable de enfermidades profesionais da Dirección de Prestacións de Asepeyo
- Actuacións da administración ante a declaración dunha enfermidade profesional. Obrigas do empresario. Criterios de actuación nas empresas por ITSS. Consecuencias
Mª Encina Santamarina Durán. Xefa da Unidade Especializada de Seguridade e Saúde Laboral da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña
- Xestión sanitaria da enfermidade profesional na mutua Asepeyo
Dulce Puget Bosch. Directora de Enfermidades Profesionais da Dirección de Asistencia Sanitaria de Asepeyo
- A prevención das enfermidades profesionais. Estatísticas. Actuacións en prevención: estudos de postos de traballo e informe de recomendacións
Santos Huertas Ríos. Director da Área de Axentes Químicos da Dirección de Prevención de Asepeyo
- Actuación do INSS ante os casos de enfermidade profesional
Margarita Pérez Sánchez. Subdirectora Provincial de Incapacidade. Dirección Provincial do INSS A Coruña
- Actuacións ante a declaración dunha enfermidade profesional. As enfermidades profesionais en Galicia
Nieves Lorenzo Espeso. Xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro Issga da Coruña