Biblioteca

Relatorios da xornada técnica "Coordinación de actividades empresariais na industria. Caso práctico" que tivo lugar no Centro ISSGA de Lugo o 26 de marzo de 2010

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) celebrou no seu centro emprazado na cidade de Lugo o 26 de marzo de 2010, unha xornada técnica sobre "Coordinación de actividades empresariais na industria. Caso práctico".

A documentación dispoñible para a súa descarga foi cedida polos seguintes relatores:

  • Relatorio: RD 171/2004 de Coordinación de actividades empresariais. Tratamento xurídico. Obrigas e responsabilidades.

D. Ramón Emilio Martinez Rodríguez.
Inspector de Traballo e Seguridade Social da Delegación Provincial de Lugo do Ministerio de Traballo e Inmigración.

  • Relatorio: Integración da prevención no sistema xeral de xestión no eido da coordinación das actividades empresariais.

D. José Javier Pernas Verdugo.
Xefe da Sección de Formación do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral en Lugo.

  • Relatorio: Caso práctico. Coordinación de actividades empresariais na empresa Alcoa San Ciprian.

D. David Pernas Martínez.
Director de Saúde e Seguridade en Alcoa Aluminio Primario Europa.