Documento que nace da necesidade de sensibilizar a poboación galega asentada no rural para que incorpore na súas tarefas cotiás a prevención de riscos para evitar accidentes na súa contorna e na circulación en vías públicas, derivadas do manexo do tractor.
En concreto, o obxectivo é chegar á poboación rural que utiliza o tractor coas seguintes mensaxes:
-
Alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros
-
Informar de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros
-
Achegar recomendacións básicas, que de terse en conta evitarían os accidentes, ou cando menos, minimizarían a súas consecuencias