O documento ofrece orientacións prácticas sobre a extracción de percebe e outros recursos específicos, así como sobre o traballo a bordo das embarcacións, os equipos de protección individual e as técnicas de mergullo, tanto con subministración de aire desde a superficie como en apnea. Tamén recolle os principais riscos asociados a estas actividades e medidas preventivas para reducir a súa exposición.
A publicación complétase con recomendacións básicas de primeiros auxilios e unha selección da lexislación aplicable, configurándose como unha ferramenta de apoio e consulta para facilitar a realización destas actividades en condicións máis seguras.