Prevención de riscos laborais nos aproveitamentos forestais

Os aproveitamentos forestais implican diversos riscos asociados ás características do terreo, ao uso de maquinaria e ás distintas operacións que se realizan durante os traballos.  O Issga elaborou unha colección de fichas de carácter práctico e visual que recollen as principais recomendacións preventivas aplicables ás diferentes fases e tarefas dos aproveitamentos forestais:

• Planificación dos traballos de aproveitamento
• Corta polo pé e procesamento con motoserra
• Maquinaria forestal pesada
• Corta e procesamento con procesadora forestal
• Saca con autocargador ou tractor forestal
• Traballos posteriores ao aproveitamento e transporte de madeira
• Hixiene postural no traballo con motoserra e maquinaria pesada

portada documento Implanta forestal_fichas