Prevención de riscos laborais fronte a vespa asiática (Vespa velutina)_PRL nos centros especiais de emprego

O ISSGA ten identificada a necesidade de asesorar ao persoal traballador na actividade forestal e á poboación en xeral sobre as medidas preventivas que se deben adoptar ante o risco que supoñen as vespas asiáticas (Vespa velutina) que cada vez son máis frecuentes no monte galego.

Para isto elaborou un documento con medidas que se deben ter en conta na planificación dos traballos forestais, incluída na campaña de Prevención de riscos laborais en centros especiais de emprego, que inclúe:

  • indicacións preventivas que se deben adoptar antes do inicio dos traballos
  • recomendacións a seguir se atopas un niño de velutina
  • pautas de actuación no caso dun ataque.
Prevención de riscos laborais fronte a vespa asiática (Vespa velutina)_PRL nos centros especiais de emprego
Documentación