Documento que recolle os principais aspectos da prevención de riscos laborais nos aproveitamentos forestais, abordando a planificación dos traballos, o uso da motoserra e da maquinaria forestal, as operacións de saca e transporte, así como os traballos posteriores ao aproveitamento. A colección inclúe tamén contidos sobre primeiros auxilios, vixilancia da saúde, normativa aplicable e integración da perspectiva da muller no sector.