Prevención de danos músculo-esqueléticos nas traballadoras do mar

Este manual pretende dar resposta á necesidade de ter unha ferramenta escrita que apoie a formación na prevención de danos músculo-esqueléticos para as traballadoras do mar.

Está dividido en 9 grandes bloques:

  • Os dous primeiros explican dunha forma moi breve o que significa a prevención de riscos e como a ciencia da ergonomía pode aplicarse ao traballo diario.
  • Nos seguintes sete bloques explícanse unha serie de exercicios que se asocian ao grupo muscular que pode estar danado.

Non se pretende con isto que unha persoa realice todos os exercicios nunha única sesión, ben ao contrario, o que se pretende é que cada un poida elixir o exercicio que máis lle guste ou conveña nese momento e pida cominalo ata personalizar a súa propia táboa de exercicios.