Esta guía, elaborada por especialistas en logopedia, medicina de traballo e persoal técnico en prevención de riscos laborais do ISSGA, pretende ser unha referencia para ás empresas e o persoal traballador, tanto a nivel colectivo para a identificación dos factores de risco e a adopción de medidas na contorna física e organizativas, como a nivel individual con exercicios prácticos e consellos para o mantemento dunha voz sa. Destácase tamén o papel que ten a vixilancia da saúde laboral para unha detección precoz destes danos, así como dos procedementos para a xestión dos casos e de reincorporación ao traballo.