ISSGA elaborou 4 PÓSTERES SOBRE RISCO QUÍMICO, que conteñen información relativa ao novo sistema de clasificación e etiquetaxe de produtos químicos perigosos (Regulamento CLP). Estes carteis pódense descargar dende hoxe da nosa páxina web.
Neles recóllese a seguinte información:
- Listado de indicacións de perigo (frases H que substitúen ás frases R) e frases EUH,
- Listado de consellos de prudencia (frases P que substitúen ás frases S),
- Clases de perigo e as súas definicións básicas e elementos que deben figurar nas novas etiquetas
- Definicións e división en categorías de perigo dos produtos químicos canceríxenos, mutaxénicos, tóxicos para a reprodución e sensibilizantes, e como serán identificados nas novas etiquetas