Plan de actividades 2011

A planificación das principais liñas de traballo e actuacións técnicas do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) cara o ano 2011, dentro da liña de continuidade marcada polo cumprimento dos fins e funcións que a este organismo lle atribúe a Lei 14/2007, pola que se crea e regula, e que se reflicte na prosecución proxectos anteriores de carácter plurianual ou permanente, ven influenciada por algúns cambios importantes que se teñen producido recentemente:

  • A elaboración dun novo Plan Estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2011-2014, que redefine os obxectivos institucionais na materia despois de seren pactados no seo do diálogo social.
  • As novidades normativas producidas ao longo do ano 2010, que aínda que atinxen fundamentalmente aos servizos de prevención, teñen tamén certas repercusións na actividade da Administración.


Compre engadir a estes novos factores dúas consideracións máis:

  • A crise económica, que aínda que leva algún tempo establecida, tradúcese a cotío nos índices sociolaborais e nos de sinistralidade, e inflúe nos medios materiais a disposición tanto das empresas coma da Administración.
  • Determinados factores de risco que tiñan a consideración de “novos” ou “emerxentes”, pero que actualmente pódense considerar consolidados e pola súa incidencia ou prevalenza precisan de ser abordados sen demora, fundamentalmente nos eidos da ergonomía e a psicosocioloxía laboral.


Por tanto, mantendo básicamente o corpo de anos anteriores, e tendo en conta os argumentos devanditos, elaborouse o seguinte documento no que se presenta a planificación das actividades do ISSGA para o vindeiro 2011.

Plan de actividades 2011
Documentación