Biblioteca

Os Cóidate do ISSGA_Augas_Prevención de riscos laborais en augas minerais e termais

Documento técnico realizado nun formato moi gráfico e visual que ten como obxectivo a difusión das medidas preventivas que permitan evitar ou minimizar os principais riscos laborais nas tarefas en augas minerais e termais.

Enfocado ao persoal traballador e á propia empresa, centrado nos riscos específicos e que redunde no seu benestar e no das persoas usuarias.

Realizado en colaboración co sector tanto respecto da información que figura no mesmo como das imaxes.

No documento abórdanse as actividades laborais tanto en augas termais como en augas minerais, analizando en primeiro lugar os riscos específicos e medidas preventivas en cada un destes ámbitos e a continuación aqueles que son comúns para ambos.

Os Cóidate do ISSGA_Augas_Prevención de riscos laborais en augas minerais e termais