Biblioteca

Os ATENDE do Issga: Prevención de riscos nos traballos de limpeza e desinfección no sector agroalimentario

15 fichas para a prevención de risos laborais en traballos de limpeza e desinfección no sector agroalimentario.

Comeza coa definición dos produtos que conteñen algunha substancia química e cuxo uso inapropiado pode ser perigoso para a saúde humana, os animais ou o medio; indica a información das etiquetas destes produtos químicos perigosos, a ficha de datos de seguridade que debe poñerse a disposición dos usuarios profesionais na primeira entrega,  como deben ser os locais de traballo seguros, as medidas preventivas en relación cos axentes químicos e biolóxicos, cales son as prácticas de traballo seguras,   como deben ser as escadas que ás veces se utilizan nas tarefas de limpeza e desinfección, as medidas preventivas respecto da manipulación manual de cargas, sobreesforzos e movementos repetitivos, as características dos equipos de protección individual que se utilicen e unha relación da lexislación en materia de prevención de riscos, comercialización e uso orientada a traballos con produtos deterxentes, limpadores e biocidas.

Os ATENDE do Issga: Prevención de riscos nos traballos de limpeza e desinfección no sector agroalimentario