As caídas de altura supoñen un importante número de accidentes laborais; un dos elementos que está presente nalgúns destes sinistros é a escada.
A campaña da que forma parte este documento técnico, elaborada no seo do grupo de traballo de sinistralidade do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, ten como finalidade achegar información sobre os criterios de selección de escadas, as medidas preventivas antes do seu uso, como deben colocarse e usarse de xeito correctos, as indicacións para o seu traslado e almacenamento e os EPI que se van utilizar.
Deste xeito, trátase de reducir a accidentabilidade laboral derivada das caídas de altura cando se realizan traballos nos que se utilicen as escadas.

- Documentación