Documento en formato cartel no que se recollen os puntos de especial interese para a mellora da calidade da información dos partes de accidente de traballo.
Forma parte da campaña realizada en colaboración cos Colexios Oficiais de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, de Lugo e de Pontevedra, que ten como obxectivo incrementar o máis posible a mellora da información que debe figurar nos distintos campos do accidente de traballo, para acadar que sexa máis real, veraz e o máis comprensible posible.