Informe de actividade 2011

No artigo 6 da Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, establécese que con periodicidade anual elaborarase unha memoria de actividades da que se dará conta ao Parlamento de Galicia para os efectos de control deste organismo.

Sen querer ser exhaustivos, neste documento recóllense as principais liñas de actuación do ISSGA durante o 2011. As actuacións desenvólvense ao amparo do Plan estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2011-2014.

A concreción de tarefas para o ano 2011 fíxaa a Comisión de Goberno que, na súa reunión do 27 de xaneiro de 2011 aprobou o Plan de actividades 2011, e estableceu as liñas de actuación para o dito período e no contexto do cumprimento dos obxectivos determinados no dito Plan estratéxico 2011-2014.

A participación cualificada dos axentes sociais (UGT Galicia, SN de CCOO de Galicia, CIG e CEG) no máximo órgano de goberno do ISSGA pon de manifesto que as actividades recollidas nesta memoria deben identificarse como un traballo conxunto de todos os implicados no eido da seguridade e saúde laboral en Galicia.

Este documento estrutúrase en sete puntos: a estrutura e organización, os recursos, a actividade institucional, as relacións con outros organismos, a actuación técnica, o directorio e os anexos.

Informe de actividade 2011

Documentación