Informe de Actividade 2008

O presente documento ten o obxectivo de achegar unha información transparente e puntual das actuacións levadas a cabo desde este organismo autónomo, relacionando de xeito descritivo a actividade desenvolvida durante o ano 2008 polo ISSGA, Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, e aínda que, formalmente, o funcionamento do ISSGA abrangue só o segundo semestre do ano, dado que os Centros de Seguridade e Saúde Laboral, integrados agora no instituto, viñeron desenvolvendo regularmente a súa labor, referiremos as actuacións técnicas correspondentes a todo o 2008.

A posta en marcha efectiva do ISSGA, que tivo lugar o 1 de xullo de 2008, requiriu actuacións de carácter regulamentario, definición de procedementos de xestión económica e de persoal como organismo autónomo que é, concreción de campos de traballo técnico, e mesmo da dotación de instalacións para a súa sede central en Santiago. Cómpre subliñar que, a pesares da rapidez do proceso de posta en marcha, en ningún momento se renunciou ao criterio de solidez nos fundamentos da organización interna.

Así mesmo, foi preciso relanzar o funcionamento dos órganos técnicos integrados adaptándoos as funcións propias do Instituto, ofertándolle información e formación sobre as súas novas funcións e mesmo informándoos e motivándoos para a súa integración como parte da dotación humana do ISSGA. Dende a súa posta en marcha estanse a desenvolver actividades novas e adaptando os obxectivos e as funcións do ISSGA definidas no artigo 4 da Lei 14/2007 ás accións definidas no Plan estratéxico para a Prevención de Riscos Laborais en Galicia 2006-2010.

Informe de Actividade 2008