Guía de boas prácticas: Saúde laboral no sector da conserva de atún

O Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral (ISSGA) desenvolveu un exhaustivo estudo das actividades profesionais realizadas polas traballadoras do sector da conserva de atún.

Precisamente a elas se dirixe esta Guía de boas prácticas co obxectivo de dar resposta á problemática de saúde laboral nun sector caracterizado por estar moi feminizado e por presentar riscos específicos de trastornos músculo-esqueléticos (TME).

Esta guía, que pretende divulgar dun xeito sinxelo as medidas básicas para a prevención de TME entre as traballadoras, é resultado dun estudo biomecánico para todos os postos de traballo da cadea produtiva existente nas empresas do sector da conserva de atún.

Guía de boas prácticas: Saúde laboral no sector da conserva de atún
Documentación