Folla de prevención nº28 A comunicación do risco químico (II)

O obxectivo que se pretende acadar con esta publicación é divulgar e explicar aqueles aspectos do regulamento REACH que afectan á prevención de riscos laborais. Este regulamento veu a substituír a máis de 40 normas diferentes que regulaban a clasificación, avaliación, restrición e información das substancias e preparados químicos. É un instrumento legal moi amplo que afecta a moitos tipos de substancias e establece procedementos diferentes para controlar a súa fabricación, usos e comercialización.

A súa autora é Lucía Ferrón Vidán, Técnica superior en Prevención de Riscos Laborais do ISSGA.

No seguinte arquivo pode descargala e visualizala en pdf

Folla de prevención nº28 A comunicación do risco químico (II)