Folla de prevención nº 36 - Seguridade no ámbito das carretillas elevadoras (I)

Nesta primeira folla de prevención das dúas que tratarán o tema da seguridade nas carretillas elevadoras faise referencia aos compoñentes de obrigado equipamento das carretillas, do tellado, dos dispositivos de retención do condutor (a cabina ou o cinto de seguridade), e os dispositivos destinados á elevación de cargas (as forquitas e as cadeas).

Ademais da normativa que deben cumprir, expóñense brevemente aqueles principios básicos preventivos que se deben ter en conta no manexo da carretilla. Entre outras recomendacións, recórdase que en caso de modificar as estrutura do tellado dunha máquina, debe asegurarse que continúe cumprindo as esixencias de resistencia recollidas na norma correspondente, e recórdase a importancia do correcto mantemento e substitución de pezas clave, coma as cadeas e as rodas.

O seu autor é Víctor Armendáriz Carbonell, da Sociedad Gallega de Carretillas, S.A. (SOGACSA).

Folla de prevención nº 36 - Seguridade no ámbito das carretillas elevadoras (I)