Esta publicación, está dirixida a facilitar a identificación dos principais equipos de traballo empregados a bordo dos buques de pesca e a promover o seu uso seguro. Contén 13 fichas que recollen os principais equipos instalados a bordo e ofrece orientacións prácticas sobre os requisitos comúns de seguridade, con especial atención aos órganos de accionamento, os sistemas hidráulicos e pneumáticos, os elementos móbiles de transmisión e o risco eléctrico. Tamén resume as principais obrigas das empresas e das persoas traballadoras, así como a normativa aplicable en materia de seguridade e saúde laboral no sector pesqueiro.