EPI no posto de traballo_Sector forestal _Cartel

Os equipos de protección individual (EPI) son fundamentais para garantir a seguridade e saúde do persoal traballador no sector forestal, xa que o protexe dunha variedade de riscos inherentes a este tipo de traballo. Estes equipos reducen significativamente a probabilidade de accidentes e lesións, promovendo unha contorna laboral máis segura e produtiva.

Non obstante, é importante destacar que, por unha banda, os EPI non eliminan os riscos, minimizan as consecuencias e, pola outra, que non substitúen un procedemento de traballo seguro.

Como órgano técnico especializado en prevención de riscos, o ISSGA elaborou un cartel no que se recolle a información sobre a utilización dos EPI dos seguintes postos de traballo:


   1. Motoserrista
   2. Operario/a de poda e tala de altura
   3. Operario/a de rozadoira
   4. Peón/Peoa
   5. Maquinista
   6. Transportista

Imaxe cartel EPI forestal

Documentación