Biblioteca

Coopera na túa seguridade: Prevención de riscos no manexo de grandes máquinas agropecuarias

Conxunto de 16 fichas que teñen como obxectivos sensibilizar, informar e formar ás persoas traballadoras no sector agrario sobre a necesidade de respectar as normas de seguridade laboral na prestación de servizos con grandes máquinas agropecuarias en materia de prevención de riscos laborais, co fin de reducir o índice de siniestralidade.

Nelas se recollen de xeito moi gráfico os riscos asociados ao manexo de grandes máquinas agropecuarias que recollen, entre outros, os seguintes aspectos:

  • Rutinas de enganche e parada
  • Preparación do terreo
  • Fertilización
  • Sementeira
  • Recolleita
  • Alimentación
  • Actuacións en caso de emerxencia
  • Primeiros auxilios
  • Resumo da normativa aplicable en materia de PRL no manexo de grandes máquinas agropecuarias
Coopera na túa seguridade: Prevención de riscos no manexo de grandes máquinas agropecuarias