Axenda ISSGA

Ven, 18/11/2022

Prevención das enfermidades da voz no ámbito laboral

Centro ISSGA_A Coruña

O Issga organiza no centro do Issga da Coruña un taller gratuíto de 10 horas os días 18 e 25 de novembro en horario de 9:00 a 14:00.

Esta formación pretende facilitar aos profesionais da voz acceso a unha formación preventiva teórico-práctica en relación cos riscos derivados do uso continuado e sostido da voz que interveñen na aparición das enfermidades profesionais e como previlas.

Nel impartiranse, entre outros, os seguintes contidos: a voz, a patoloxía vocal, conceptos xerais de prevención de riscos laborais e danos para a saúde, factores de risco, medidas de prevención, técnica e hixiene vocal.

Para máis información e inscribirse, ver o documento que se anexa.

Contacto: issga.formacion [at] xunta.gal e teléfono 664156403