Axenda ISSGA

Xov, 27/10/2022

Adaptación de postos de traballo

WEBINAR

Xornada técnica que forma parte das actividades organizadas polo ISSGA con motivo da Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo.

A adaptación dos postos de traballo ás capacidades dos traballadores que os ocupan para evitar ou minimizar os danos para a saúde é un dos principios fundamentais da prevención de riscos laborais.

Esta adaptación consiste en adaptar o contorno de traballo ás características das persoas, tendo en conta as súas capacidades, aptitudes e posibles limitacións.

Neste webinar, realizado en colaboración con Ibermutua, abordaremos as cuestións relacionadas con este tema: definicións e conceptos, marco normativo, procedementos e exemplos prácticos.