Coñece a nosa Escola
Descrición:
- Espazo educativo específico para a introdución dos contidos sobre a PRL na poboación escolar de Galicia
- Apoio e recurso pedagóxico para o traballo do profesorado na sensibilización da cultura preventiva
- Reforzo para a aprendizaxe de hábitos e actitudes cara a saúde e seguridade no traballo no futuro
Está configurada en tres espazos diferenciados:
- Zona de equipamento
-
Presentación dos conceptos de prevención de riscos laborais e identificación dos equipos de protección individual (EPI) por sectores, permitindo que o alumnado poida coñecelos e utilizalos.
- Zona audiovisual
-
Descrición dos recursos audiovisuais e dos contidos que se traballan a través de vídeos interactivos sobre diferentes riscos e medidas preventivas.
- Zona de documentación e actividades
-
Información sobre os recursos documentais, xogos multimedia e manipulativos, simulador de condución e actividades relacionadas cos catro ámbitos de traballo: fogar, escola, rúa e traballo.