Novas

Luns, Marzo 04, 2024

O Issga colabora no Plan Obesidade Zero en Galicia

Imaxe plan obesidade Zero

O Plan Obesidade Zero ten a misión de mellorar o acceso ao coñecemento sobre hábitos de vida saudables e a contornas seguras e promotoras de saúde, ademais dunha oferta accesible e de calidade de produtos saudables. Así, establécese como un medio que permita reducir o sobrepeso e a obesidade en Galicia e mellorar a saúde individual e comunitaria.

Entre os seus obxectivos, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade estableceu reducir o sobrepeso nun 15 % da poboación galega no 2030, isto é que 189.000 persoas deixen de ter sobrepeso ou obesidade.

O Issga colabora nesta iniciativa co obxectivo de potenciar as contornas promotoras de saúde, promovendo os hábitos de vida saudables no ámbito laboral fundamentalmente a través do fomento da inclusión das empresas galegas na Rede española de empresas saudables prestando asesoramento e apoio de maneira prioritaria ás pemes.