Novas

Xoves, Marzo 07, 2024

Impartimos unha xornada informativa no EFA A Cancela

Imaxe impartindo formación

As Neves, 7 de marzo de 2024. Hoxe tivo lugar no centro de Formación Profesional EFA A Cancela unha xornada informativa na que participou o alumnado dos ciclos de repostería e confitería, coidados básicos auxiliar de enfermería, xestión administrativa e Administración e finanzas sobre os risco xerais das súas respectivas familias profesionais e sobre primeiros auxilios.

Unha das funcións máis importantes do Issga é a de colaborar coa autoridade educativa, a universidade e os centros de investigación para implantar en todos os ciclos e niveis formativos programas educativos de prevención de riscos laborais.

A introdución da cultura preventiva en etapas anteriores á incorporación das persoas á actividade laboral xera unha conciencia consolidada, e a vía máis operativa para isto é a través do sistema educativo. Así, a prevención de riscos laborais debe promoverse en todas as etapas do sistema educativo.

Por isto, o ISSGA desenvolve actividades que teñen por finalidade mellorar a información, sensibilización e formación no eido da prevención de riscos laborais na poboación escolar nos diferentes niveis educativos da educación primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, e o apoio técnico ao profesorado.