Formación

05/04/2022

WEBINAR_Xestión do risco durante o embarazo e a lactación

  • Data: 05/04/2022 a 05/04/2022
  • Inscrición: 05/03/2022 a 05/04/2022
  • Duración: 3 horas
  • Lugar de celebración: En liña

Este primeiro webinar, que forma  parte da programación formativa do ISSGA para o ano 2022 e realizado en colaboración con Ibermutua, imos dedicalo á xestión do risco durante o embarazo e a lactación.

Nel analizaremos o marco normativo que o regula, o procedemento que se debe seguir na súa tramitación así como os riscos laborais e clínicos  e os diferentes axentes que interveñen: físicos, ergonómicos, químicos,  biolóxicos e psicosociais.

Para rematar haberá unha mesa redonda na que os axentes sociais nos darán a súa visión dende un punto de técnico deste tema.

 

10.30 PRESENTACIÓN

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do ISSGA

10.35 APERTURA

Elena Mancha Montero de Espinosa. Directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade

10.40 CERTIFICACIÓN MÉDICA DO RISCO

Marco normativo

Procedemento

Risco durante o embarazo: marco científico-técnico

Riscos clínicos e laborais

Axentes físicos, ergonómicos, químicos, biolóxicos e psicosociais

Risco durante a lactación

Fernando Martín García. Médico Especialista Medicina do Traballo. Dirección Médica - Continxencias profesionais de Ibermutua

11.50 MESA REDONDA COS AXENTES SOCIAIS

Paula González Grueiro. Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG

Manuela Caneda Cabrera. Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Yolanda Rodelgo. Unión Xeral de Traballadores de Galicia

Pablo Rama. Delegado de PRL pola CSIF

Jose Antonio Neira. Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

13.00 PECHE

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do ISSGA