Formación

31/05/2022

WEBINAR_Criterio técnico de Inspección de Traballo sobre riscos psicosociais. Que obrigas supón para as empresas?

  • Data: 31/05/2022 a 31/05/2021
  • Inscrición: 01/05/2022 a 31/05/2022
  • Duración: 2 horas
  • Lugar de celebración: En liña

A publicación do Criterio técnico 104/2021 sobre actuacións da Inspección de Traballo e Seguridade Social en riscos psicosociais, puxo de novo o foco sobre a necesidade de que as empresas avalíen e xestionen correctamente os riscos psicosociais.

Este criterio técnico xorde en resposta á comunicación da Comisión Europea do 10 de xaneiro de 2017 na que sinalaba que os riscos psicosociais supoñen un dos problemas de seguridade e saúde no traballo máis complexos e que están en progresivo aumento, afectando gravemente á saúde dos traballadores, ao absentismo e á produtividade das empresas, e no que se lembraba tamén que o directiva marco que dá lugar á Lei de prevención de riscos laborais establece a obrigación legal dos empresarios de protexer aos traballadores contra todos os riscos no lugar de traballo, incluídos os riscos psicosociais.

Esta xornada técnica en formato webinar, realizada en colaboración con MCMUTUAL, ten por obxectivo analizar o Criterio Técnico 104/2021 para dar resposta a dúas cuestións:

  • Que obrigas teñen as empresas e como deben levalas a cabo para a correcta xestión preventiva dos riscos psicosociais? Incidindo especialmente nas características que debe cumprir a avaliación de riscos psicosociais.
  • Que supostos ou circunstancias van motivar a actuación de Inspección de Traballo e Seguridade Social nas empresas e que consecuencias poden derivarse?

Máis información e inscricións:

https://issgaeventos.com/criterio-tecnico-de-inspeccion-de-traballo-sobr...

10.30 PRESENTACIÓN

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do ISSGA

10.35 APERTURA

Elena Mancha Montero de Espinosa. Directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

10.40 OBRIGAS DA EMPRESA EN RELACIÓN CO ESTRÉS, O ACOSO E OUTROS RISCOS PSICOCOSIAIS

AVALIACIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS, COMO DEBE REALIZARSE?

CRITERIO TÉCNICO 104/2021 DA INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL: SUPOSTOS NOS QUE VAI ACTUAR, MEDIDAS E REQUIRIMENTOS

INCUMPRIMENTOS, MEDIDAS E REQUIRIMENTOS

Francesc Martí. Licenciado en psicoloxía. Técnico superior de prevención de riscos laborais e especialista en psicosocioloxía aplicada, da División dos Servizos de Prevención de MC MUTUAL

12.15 COLOQUIO E PECHE

Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do ISSGA