04/10/2022
WEBINAR_Aplicacións da intelixencia artificial na análise biomecánica
- Data: 04/10/2022 a 04/10/2022
- Inscrición: 27/05/2022 a 04/10/2022
- Duración: 1 horas
- Lugar de celebración: En liña
Nesta xornada técnica en formato webinar, realizada en colaboración co Instituto de Biomecánica (IBV), buscamos xerar ferramentas para mellorar os procesos de deseño de produtos e servizos baseados na interacción coa persoa, combinando o modelado biomecánico e a intelixencia artificial para converter a caracterización biomecánica nun proceso máis eficiente e áxil.
A súa aplicación será de gran utilidade na avaliación e deseño de postos de traballo, desde o punto de vista da ergonomía, e na mellora da calidade asistencial e a xestión de recursos no ámbito sociosanitario e clínico naqueles procesos nos que a valoración funcional é clave.
Máis información e inscricións:
https://issgaeventos.com/aplicacions-da-intelixencia-artificial-na-analise-biomecanica/
10.30 PRESENTACIÓN
Mª Jesús Copa Arias. Xefa da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do ISSGA
10.35 APERTURA
Representante do ISSGA / Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
10.40 PRESENTACIÓN IBV
ACTIVIDADES E PROXECTOS DE SAÚDE LABORAL
DESENVOLVEMENTO E APLICACIÓN DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL NA ANÁLISE DE POSTURAS FORZADAS
EXEMPLOS
Luis Ruiz Olmos. Xestor de recursos tecnolóxicos. IBV
Cristina García Bermell. Xestión Comercial e Mercadotecnia. IBV
11.40 PECHE
Mª Jesús Copa Arias. Xefa da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do ISSGA
DOCUMENTACIÓN.
Documentación
Descarga pdfs: