27/10/2022

WEBINAR_Adaptación de postos de traballo

  • Data: 27/10/2022 a 27/10/2022
  • Inscrición: 27/05/2022 a 27/10/2022
  • Duración: 2 horas
  • Lugar de celebración: En liña

Xornada técnica que forma parte das actividades organizadas polo ISSGA con motivo da Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo.

A adaptación dos postos de traballo ás capacidades dos traballadores que os ocupan para evitar ou minimizar os danos para a saúde é un dos principios fundamentais da prevención de riscos laborais.

Esta adaptación consiste en adaptar o contorno de traballo ás características das persoas, tendo en conta as súas capacidades, aptitudes e posibles limitacións.

Neste webinar, realizado en colaboración con Ibermutua, abordaremos as cuestións relacionadas con este tema: definicións e conceptos, marco normativo, procedementos e exemplos prácticos.

Máis información e inscricións:

https://issgaeventos.com/adaptacion-de-postos-de-traballo/

 

 

10.30 PRESENTACIÓN

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do ISSGA

10.35 APERTURA

Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do ISSGA

10.40 DEFINICIÓNS E CONCEPTOS

MARCO NORMATIVO DE APLICACIÓN Á ADAPTACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

PROCEDEMENTO DE ADAPTACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

EXEMPLOS PRÁCTICOS: EMBARAZO E LACTACIÓN, ADAPTACIÓN Á IDADE

José Cerezo Ortiz. Responsable Prevención Murcia. Ibermutua

11.40 COLOQUIO E PECHE

Alberto Conde Bóveda. Xefe do Servizo Técnico e de Planificación do ISSGA

DOCUMENTACIÓN.

Documentación