05/06/2023

O VICEDO_Curso de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e rozadoira

  • Data: 05/06/2023 a 07/06/2023
  • Inscrición: 26/04/2023 a 03/06/2023
  • Duración: 15 horas
  • Prazas: 15
  • Lugar de celebración: O Vicedo

Lugar e horarios

O Vicedo: 5, 6 e 7 de xuño. De 15:30 a 20:30 horas.

Obxectivo dos cursos:

Proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector.

Desenvolvemento dos cursos:

Os cursos teñen carácter presencial. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais. As faltas de asistencia, non poden superar o 10% das horas de duración do curso aínda que sexan xustificadas, isto suporá a perda do dereito ao certificado de asistencia.

Os datos relativos ao enderezo do local onde se vai impartir o curso, confirmación das datas de impartición e horario serán comunicados ás persoas seleccionadas.

O ISSGA publicará na súa páxina web (http://issga.xunta.gal/) toda a información relacionada co desenvolvemento destes cursos.

Persoas destinatarias e distribución das prazas:

Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.

Criterios de selección:

No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:

  • Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.
  • Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
  • Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
  • Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.

Solicitudes:

As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II que se atopa dispoñible en formato editable na pestana de documentación. O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por curso.

As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:

  • Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal
  • Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 981551704 e 659515371.


Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte

De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)

Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por cursos. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.

Acreditación da formación:

Ao remate de cada curso o ISSGA expedirá certificado de asistencia ao alumnado.

Control e seguimento das accións formativas:

O control e seguimento das accións formativas realizarase polo persoal técnico do ISSGA.

Custo dos cursos e financiamento:

A asistencia a estes cursos será gratuíta para as persoas seleccionadas.

1. A SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO (0,5 HORAS)

  • Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. Lexislación de referencia. Organismos públicos con competencias na materia. O ISSGA

2. A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MAQUINARIA FORESTAL (2 HORAS)

  • A motoserra
  • A rozadoira

3. OS EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPI) (1 HORA)

4. PLANIFICACIÓN DOS TRABALLOS DE APROVEITAMENTO (1 HORA)
Recoñecemento previo da parcela

  • Organización do método de traballo

5. PRIMEIROS AUXILIOS E PRIMEIRA INTERVENCIÓN EN CASO DE ACCIDENTE (1 HORA)

6. PRÁCTICAS DE MANEXO SEGURO DA MOTOSERRA (4,75 HORAS)

  • Identificación dos dispositivos de seguridade
  • Mantemento, montaxe e desmontaxe de motoserra
  • Manexo da motoserra. Técnicas de apeo, derramado e tronzado

7. PRÁCTICAS DE MANEXO SEGURO DA ROZADOIRA (4,75 HORAS)

  • Identificación dos dispositivos de seguridade
  • Mantemento, montaxe e desmontaxe de rozadoira
  • Manexo da rozadoira. Técnicas de traballo

DOCUMENTACIÓN.

Documentación