Campañas

Traballa equilibradaMENTE

Campaña da Xunta de Galicia con motivo do Día mundial da Seguridade e Saúde no Traballo.

Galicia promove a adecuada xestión dos riscos físcios e psicosoais nos lugares de traballo.

Porque os contornos laborais que coidan da saúde mental do seu persoal son máis seguros e produtivos e reducen a sinistralidade e as baixas laborais.

Investir na saúde física e mental das persoas e promover estilos de vida saudables tradúcese en calidade de vida dentro e fóra do traballo.

Investir en benestar laboral é investir no futuro do emprego en Galicia.