Campañas

Prevencion10.es

Imaxe

Máis dun millón de pequenas empresas son unha parte esencial do tecido empresarial do noso país, xa que empregan á cuarta parte da poboación traballadora. Nelas, a prevención de riscos laborais é fundamental xa que concentran unha parte importante dos accidentes laborais.

Prevencion10.es é un servizo público gratuíto de asesoramento en prevención de riscos laborais que permite:

  • Xestionar de forma sinxela os riscos laborais ás empresas de ata 25 traballadores
  • Facilitar o cumprimento en materia de coordinación de actividades empresariais e informar dos seus riscos aos traballadores autónomos.

Agora, dunha maneira  moi sinxela poderás integrar a prevención dos riscos laborais no sistema xeral de xestión da túa empresa, evitando custos, danos ao persoal traballador e baixas laborais, o que aumentará a produtividade do teu negocio.

Dentro do asesoramento que vén realizado o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INST) a través do servizo público Prevencion10.es podemos atopar catro funcionalidades principais:

  • Avalía-t®; permite a realización da avaliación riscos, a planificación preventiva e a obtención do plan de prevención de riscos laborai
  • Autopreven-t®: proporciona información sobre riscos laborais e facilita a coordinación de actividades empresariais a quen traballe por conta propia e non teñan persoal ao seu cargo.
  • Instrúe-t®: curso on-line de 30 horas co que obter a capacitación para o desempeño das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.
  • STOP Riscos Laborais: liña telefónica de atención ao público.

 

Na seguinte ligazón pode acceder á web de Prevencion10.es e obter máis información.