Campaña de concienciación e sensibilización en prevención de riscos laborais

A vida espérate

A campaña ‘Coa prevención de riscos no traballo a vida espérate’, preténdese concienciar e sensibilizar á sociedade en xeral sobre a importancia da prevención laboral.

A súa finalidade é concienciar non só da necesidade de reducir os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais, senón ir máis alá, e amosar as vantaxes da prevención como instrumento de mellora das condicións de traballo.

O obxectivo principal é informar sobre os beneficios da prevención, de aí que escolléramos un lema positivo, "A vida espérate”. 

O que queremos é que ao ISGGA se lle identifique como un instrumento proactivo para que a prevención de riscos laborais se instale no traballo cotiá dos galegos e galegas.