Os MELLORA do Issga: Pedra_Prevención de riscos na lousa

Colección de 17 fichas que describen os principais riscos e medidas preventivas que se deben adoptar no traballo nas canteiras de lousa.

Inclúen riscos no uso de explosivos, riscos de corte con fío diamantado, caída de obxectos, dos equipos que se desprazan, risco eléctrico, primeiros auxilios e a lexislación básica, entre outros.

Danse pautas concretas de aplicación directa polo propio traballador, acompañadas dunha imaxe clara que recolle situacións habituais de traballo onde se poden dar os riscos que se pretenden previr.

O obxectivo final é facer facilmente accesibles e comprensibles para os traballadores este tipo de riscos e as medidas preventivas que pode tomar el directamente, nunhas poucas páxinas e de forma sinxela e fundamentalmente visual, onde os traballadores poden identificar os lugares e as tarefas habituais para eles, así como os equipos e máquinas que empregan a diario.

Os MELLORA do Issga: Pedra_Prevención de riscos na lousa