Esta folla de prevención ten como obxectivo poñer en coñecemento as condicións que se deben ter en conta na elección dunha motoserra, os distintos elementos de seguridade da máquina, os riscos que existen no emprego da motoserra, as medidas de prevención e protección existentes fronte aos devanditos riscos e a forma de uso da motoserra, que é o axente causante dunha importante parte dos accidentes graves e mortais no sector forestal en Galicia.
Emprégase principalmente en traballos forestais así como noutros traballos de xardinaría. Úsase, entre outras actividades, para a corta polo pé, a derrama, a tronza ou a poda de árbores.
É importante lembrar que antes de usar a máquina, é de vital importancia coñecer o seu funcionamento e os sistemas de seguridade e protección; ademais, ningunha roupa ou accesorio de seguridade ofrece unha protección absoluta contras as lesións e tampouco substitúe unha técnica de traballo segura. Polo tanto, é imprescindible observar minuciosamente os consellos de seguridade incluídos nas instrucións de uso do equipo de protección individual e da motoserra.
A súa autora é Gema Bertoa Veiga, técnica superior en Prevención de Riscos Laborais do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral – ISSGA.

- Documentación