Folla de prevención nº 37 - Seguridade no ámbito das carretillas elevadoras (II)

A segunda das follas de prevención relacionada coa seguridade no ámbito das carretillas elevadoras fai fincapé na planificación preventiva que se debe seguir. En particular, detállanse as revisións de mantemento e as inspeccións técnicas de seguridade que se deben esixir, as primeiras en función do uso do equipo e as segundas cunha periodicidade mínima anual.

Outro aspecto práctico importante que garante a seguridade é a formación dos traballadores, para os que se establecen dous niveis de cualificación: o de operador e o de supervisor de operacións de manutención con carretillas. Detállase o contido e duración en tempo do temario que deben recibir, e establece unha primeira formación básica e posteriores actualizacións cada cinco anos para as dúas categorías.

Para asegurar a calidade e utilidade desta formación, a mesma debe impartirse por entidades acreditadas que teñen que cumprir unha serie de requisitos de instalacións, equipos e formadores.

O seu autor é Víctor Armendáriz Carbonell, da Sociedad Gallega de Carretillas, S.A. (SOGACSA).

Folla de prevención nº 37 - Seguridade no ámbito das carretillas elevadoras (II)