Seleccionáronse aqueles accidentes laborais máis representativos pola súa frecuencia ou gravidade e, a partir da investigación que realizaron os técnicos do Issga, sintetizouse a información máis relevante en catro epígrafes: unha descrición da actividade, do accidente de traballo, das súas causas e das medidas preventivas que se deberon adoptar. Os textos orixinais foron adaptados co obxecto de cumprir coa súa finalidade didáctica.
