Emprego de dispositivos electrónicos portátiles_tríptico

As TIC e os dispositivos electrónicos portátiles de traballo aumentan a produtividade, facilitando a capacidade de resposta en calquera momento ou lugar e ademais poden axudar á conciliación da vida persoal, familiar ou laboral.

Porén, a súa utilización prolongada e continuada tamén pode facer que esteamos expostos a riscos adicionais, especialmente de tipo ergonómico, como os derivados da exposición a posturas forzadas e a movementos repetitivos ou a fatiga visual.

No tríptico elaborado para esta campaña facemos fincapé naquelas recomendacións preventivas nos ditos aspectos.

Tríptico_dispositivos móbiles