Criterios técnicos para a xestión de espectáculos públicos temporais

O Instituto de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia (ISSGA) participou nun grupo de traballo no seo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, que contou coa participación do resto de comunidades autónomas, así como do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST). Este grupo encargouse de establecer criterios técnicos comúns a nivel nacional para facilitar a xestión preventiva durante a montaxe e desmonte de espectáculos públicos.

A colaboración entre as Administracións levou a intercambiar experiencias sobre a xestión da prevención de riscos laborais na actividade de montaxe de espectáculos públicos temporais conseguindo alcanzar un criterio técnico homoxéneo a nivel nacional que facilite a xestión preventiva neste tipo de actividades.

As conclusións do grupo de traballo plasmáronse na publicación dun informe que recolle as medidas de control sobre as condicións de seguridade das operacións de montaxe e desmonte de escenarios de espectáculos ao aire libre así como o asesoramento documental da actividade preventiva.

Criterios técnicos para a xestión de espectáculos públicos temporais

Documentación

Etiquetas: