CHAVES para a prevención da COVID-19 na túa empresa

  • Guia que  responde ás principais dúbidas para saber actuar de xeito áxil ante un posible contaxio nun centro de traballo.
  • O obxectivo é garantir a saúde laboral do s traballadores e traballadoras e acompañar o tecido empresarial dándolle toda a información que precise
  • A guía, supervisada pola autoridade sanitaria, contén 23 preguntas que foron identificadas e seleccionas pola súa relevancia e reiteración nas consultas que se reciben a diario no Issga.

Se pretende dar pautas sobre como actuar para que , en caso de contaxio, a resposta nos centros de traballo de Galicia sexa rápida e dunha maneira ordenada e sempre segundo os criterios da autoridade sanitaria, xa que o material foi supervisado pola Consellería de Sanidade. Así, a guía e o tríptico responden a criterios de recomendacións sanitarias no ámbito laboral.

A información elaborada está especialmente destinada para pemes, micropemes e persoas traballadoras autónomas, en que a dificultade para aplicar as medidas preventivas é maior por non contar en nalgúns casos co asesoramento dun servizo de prevención de riscos laborais.

A guía contén 23 preguntas que foron identificadas e seleccionadas pola súa relevancia e reiteración nas consultas que se reciben a diario no Issga. O contido está dividido en dous grandes bloques. Un contén preguntas destinadas a dar pautas de actuación ante unha sospeita por síntomas compatibles coa Covid-19, seguimento dos contactos e casos positivos nun centro de traballo. E o segundo bloque recolle medidas para a separación física con ante paros ou pantallas faciais, uso correcto da máscara, uso de luvas, ventilación e tratamentos de desinfección.

CHAVES para a prevención da COVID-19 na túa empresa
Documentación