7 CHAVES para a prevención da COVID -19 na túa empresa

  • Neste documento resólvense as dúbidas máis importantes que se poden dar no ámbito laboral de maneira resumida para saber xestionar a prevención fronte á Covid-19 na túa empresa
  • Os destinatarios destes documentos son as pemes, micropemes e o emprego autónomo, onde a dificultade para aplicar as medidas preventivas é maior por non contar nalgúns casos co asesoramento dun servizo de prevención de riscos laborais.
  • Esta documentación foi elaborada polo ISSGA e supervisada pola Consellería de Sanidade porque responde a criterios de recomendacións sanitarias no ámbito laboral.
  • Esta actuación completa a outras xa feitas polo ISSGA e seguirase acompañando ás empresas na liña de facilitar a aplicación das medidas para a prevención dos contaxios e a súa actuación ante os supostos que se poidan dar nos centros de traballo.
7 CHAVES para a prevención da COVID -19 na túa empresa